Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Ángeles Vázquez defende o proxecto e a transparencia do PPdeG
A conselleira estivo en Mugardos para apoiar a candidatura popular, que encabeza Juan Domingo de Deus
                            G24.gal
                        
                            07/05/2023 13:52
                        
                        
                                Última actualización 07/05/2023 14:02
                        
                        
                    
                    A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, desprazouse a Mugardos para apoiar a presentación da lista dos populares nesta localidade, que encabeza o actual alcalde, Juan Domingo de Deus.
Vázquez destacou a importancia de que haxa candidaturas do PPdeG en todos e cada un dos municipios do país, acusou os socialistas galegos de pensar máis nos intereses de Pedro Sánchez que nos de Galicia e defendeu o proxecto de goberno popular, centrado en traballar polo benestar dos cidadáns.