Cargando resultados...
Ancelotti chega ao Brasil coa ambición de ser campión do mundo
Debutará nos partidos clasificatorios para o Mundial de 2026 diante de Ecuador e Paraguai
G24.gal
26/05/2025 21:44
O exadestrador do Real Madrid, Carlo Ancelotti, xa está no Brasil. O italiano faise cargo da pentacampioa do mundo ata despois do Mundial de 2026. Este luns pola tarde foi presentado en Rïo e dou a súa primeira convocatoria como seleccionador do Brasil. Nela están Raphina, Vinicius ou Casemiro.
O primeiro reto serán os partidos de clasificación para o Mundial contra Ecuador e Paraguai no mes de xuño. Ancelotti quere volver ver a canarinha como campioa do mundo.