Cargando resultados...
Ana Pontón pon Ponteareas como exemplo de transformación municipal
G24.gal
04/02/2022 14:23
A portavoz nacional do BNG asegurou que Ponteareas é un exemplo do modelo urbano que defenden para os concellos. Ana Pontón destacou que o Goberno nacionalista aposta por recuperar os espazos para a cidadanía, coa peonalización de rúas, que, segundo insistiu, melloran a calidade de vida dos veciños e a economía local.
"Apostamos por devolverlle a cidadanía ás rúas, que sexan espazos para o lecer e a convivencia, a través dunhas peonalizacións que o que fan é recuperar o espazo píblico para as persoas, mellorar a calidade de vida e que os nenos e as nenas podan xogar nas rúas con absoluta tranquilidade", subliñou Pontón.