Ana Pontón: "O BNG non lle dá un cheque branco a ninguén"
Ana Pontón: "O BNG non lle dá un cheque branco a ninguén"
A líder do BNG asegura que a súa formación vai negociar "con toda a ambición de país"
A conformación de Goberno tamén foi un asunto que estivo sobre a mesa na xuntanza que hoxe mantivo a Executiva Nacional do BNG.
Ana Pontón reuniu os seus máximos colaboradores en Santiago para analizar asuntos estratéxicos como o financiamento autonómico e o modelo territorial.
Sobre as negociacións de investidura con Pedro Sánchez no caso de que fracase a de Alberto Núñez Feijóo, Ana Pontón asegura que o Bloque non lle vai dar un cheque en branco a ninguén.
"É evidente que o BNG non lle dá un chegue en branco a ninguén. Que imos negociar con toda a ambición de país e que a garantía que ten Galiza de poder estar cunha axenda potente en Madrid é precisamente que o BNG a poña por diante. Porque o resto de deputados e deputadas non o van facer e ese é, dende logo, o noso compromiso".