Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alxeria garante prover de gas a España malia o peche do gasoduto do Magreb

Alxeria garante prover de gas a España malia o peche do gasoduto do Magreb

O gas chegará polo gasoduto que entra por Almería e nos buques que abastecen as plantas regasificadoras

G24.gal 31/10/2021 21:21

España deixa de recibir gas natural a través do gasoduto Magreb-Europa a raíz da ruptura de relacións entre Alxeria e Marrocos.

Esta semana tanto o Goberno como o operador do sistema gasista Enagás aseguraron que a subministración está garantida e chegará polo outro gasoduto que entra por Almería e a través dos buques que abastecen as plantas regasificadoras. 

Desde este domingo a Península só recibe gas de Alxeria polo gasoduto Medgaz, que atravesa o Mediterráneo desde Beni Saf. A canle que cruzaba o norte de Marrocos quedou xa inutilizada e a tubaxe, máis recente, que entra por Almería ten menos capacidade.

Alxeria comprometeuse a ampliar a forza de propulsión dos motores antes de que remate novembro polo que a maior parte do gas entrará agora por aí. Á par, os barcos metaneiros serán os encargados de carrexar o gas licuado necesario para garantir o abastecemento.

A empresa de infraestrutura gasística, Enagas, asegura que este inverno atracarán 50 buques máis que o ano pasado e que xa se contratou toda a capacidade ofertada nos tanques. 

Nas visitas a Alxeria do ministro de Exteriores, José Manuel Albares, e da de Transición Enerxética, Teresa Ribera, o Goberno volveu co compromiso de que o país magrebí entregaría as cantidades contratadas, independentemente do peche do gasoduto Magreb-Europa.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar