Publicador de contidos

Publicador de contidos

Altimira: "Sabiamos da presión. Conviviremos con ela ata o final"

Altimira: "Sabiamos da presión. Conviviremos con ela ata o final"

"A afección aperta. É importante para que non nos relaxemos"

O Deportivo recibe o domingo o Granada

G24.gal 05/03/2026 13:12

O Deportivo pelexa por unha das prazas de ascenso directo a Primeira División. O equipo galego é cuarto clasificado pero cos mesmos puntos que o Almería (terceiro posto) e o Castellón (segundo posto). A igualdade é máxima. Hai uns días o adestrador do Deportivo, Antonio Hidalgo, falou da necesidade de saber xestionar a presión para estes meses finais da tempada. Hoxe lembrouno Adriá Altimira. 

"Sabiamos da presión. Todos somos conscientes e estamos sabendo levala. Imos convivir con ela ata o final. É normal que a afección nos aprete tanto. E tamén é importante para que non nos relaxemos", afirmou. O Deportivo recibe o domingo en Riazor o Granada, un conxunto da zona baixa. "Non hai que relaxarse, hai que respectalo porque vai ser un partido moi complicado", avisou Altimira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade