Publicador de contidos

Publicador de contidos

A incidencia en Allariz supera xa os 500 casos por cada 100.000 habitantes

A incidencia en Allariz supera xa os 500 casos por cada 100.000 habitantes

No concello hai hoxe 35 positivos 

Na provincia de Ourense contabilizan 295 contaxiados

G24.gal 15/11/2021 14:27

Preocupación na rúas de Allariz ante a suba de contaxios de coronavirus nas últimas semanas. A incidencia acumulada a 14 días sitúase nos 560 casos por cada 100.000 habitantes e o Segas informa de 35 casos activos a día de hoxe. Viaxes e visitas turísticas poderán estar detrás deste aumento da incidencia e os veciños piden manter as precaucións.

Na provincia de Ourense hai 295 casos activos, con dúas persoas ingresadas na UCI e outras 13 en hospitalización convencional. A Xunta traballa para evitar que a vaga de contaxios se espalle por Galicia. Na fin de semana non se rexistraron víctimas mortais pola covid na área sanitaria de Ourense. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos