Alfon non aclara o seu futuro a dous días de rematar contrato co Celta
O manchego clausurou o seu campus e falou sobre o seu futuro, pero non ofreceu información
"Estou centrado nas vacacións, xa se verá o meu futuro, estou contento en Vigo", dixo o futbolista
O futuro de Alfon, que remata o seu contrato co Celta o 30 de xuño vindeiro, segue sen aclararse. O manchego está en Albacete, onde clausurou o seu campus, sen ofrecer moitas pistas sobre onde vai xogar a temporada que ven. A dous días do remate do seu contrato e co eco constante da súa posible marcha ao Sevilla , Alfon non aclarou onde vai estar a vindeira temporada: "Estou centrado nas vacacións, é importante desconectar, e xa se verá", indicou o futbolista.
Sobre a pregunta de se vai asinar co Sevilla, non ofreceu máis pistas: "Eu estou contento en Vigo. Acabo contrato o 30 de xuño e despois xa se verá. Eu estou tranquilo e estou contento", rematou.