Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alertas por baixas temperaturas en sete comunidades autónomas 

Alertas por baixas temperaturas en sete comunidades autónomas 

No interior de Castelló chegaron aos 12 graos baixo cero

O frío deixa imaxes impactantes na Península
G24.gal 30/01/2023 22:11

Vinte e seis provincias de sete comunidades autónomas terán algún aviso este martes por baixas temperaturas mentres o estreito de Xibraltar e Xirona estarán en alerta por vento.  

A nivel do mar chegou a neve en Alacante, pero onde máis a agardaban era na montaña. Entre estufas e mantas, sempre hai quen lle ve as vantaxes.

"O frío é bo, mata microbios e nós poñemos as engurras de celofán", conta Aitana.

A madrugada do luns foi a máis fría dos últimos dous anos no interior de Castelló, coa mínima de case 12 graos baixo cero que conxelararon ríos e fontes. 

"A calefacción xa non pode con estas xeadas", comentan en Castelló.

Case 30 provincias de dez comunidades autónomas estiveron este luns en aviso amarelo, con temperaturas baixo cero. A mínima foi no Porto do Pico en Ávila, con menos 11,9 graos, seguida pore Sabiñánigo en Huesca, con menos 11,8, unhas temperaturas que non impresionan en Vitoria.

"Estamos afeitos, tivemos ata 17 graos baixo cero". "Coñécese como Siberia-Gasteiz, así que haberá que facerlle honra ao nome". "Máis frío tiña que facer e máis neve", comentan con humor varios veciños de Vitoria.

A opinión compártena nas aldeas de Teruel que amenceron a menos 8 graos.

"Este foi un inverno suave, non nos podemos queixar este ano". 

"Mentres non haxa vento, lévase ben", din dende a provincia aragonesa.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía prevé que xaneiro se despida con ceos despexados e sen precipitacións, pero con frío.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar