Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vitoria que pode sentenciar a permanencia do Celta

A vitoria que pode sentenciar a permanencia do Celta

No club vigués teñen marcado en vermello o partido do Vilarreal

O Cádiz visita o Bernabeu e unha vitoria abriría unha fenda de oito puntos sobre o descenso con doce por xogar

G24.gal 01/05/2024 21:19

O Celta precisa puntos para certificar a permanencia e os que están en xogo este domingo poden ser decisivos. Non queren os vigueses sufrir outro final de liga agónico como en termporadas pasadas polo que o partido ante o Vilarreal pode ser clave para afastarse do descenso. Os de Claudio teñen agora unha vantaxe de 5 puntos sobre o Cádiz.

A marxe é boa pero os dous seguintes partidos son de gran esixencia diante do Atlético e do Athlétic. O Cádiz ten unha saída na que vai ter moi difícil puntuar no Bernabeu pero logo afrontará as catro últimas xornadas contra o Xetafe, Sevilla, As Palmas e Almería nas que pode ser máis propicio para o equipo andaluz sumar puntos. 

Ninguén no cadro vigués quere ter un final de campionato apertado e saben que un triunfo contra o Vilarreal deixaría case vista para sentenza a permanencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade