Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alcaraz cae diante de Sinner e perde o número 1

Alcaraz cae diante de Sinner e perde o número 1

Gañou o primeiro set pero viu como o italiano remontaba (6-7, 6-4, 6-2)

G24.gal 01/04/2023 08:39

Carlos Alcaraz perdeu a posibilidade de gañar o Aberto de Miami e tamén de seguir á fronte da clasificación mundial da ATP que pasa a liderar Novak Djokovic. 

O murciano caeu nas semifinais diante do italiano Sinner (21 anos) no considerado como o duelo do futuro entre os dous xogadores chamados a dominar o tenis mundial na vindeira década. 

Como é habitual cnado se enfrontan foi un encontro emocionante e brillante. Gañou Alcaraz o primeiro set no tie break (7-6, 7-4) e conseguía encamiñar o pase á final. Pero Sinner sacou o mellor do seu repertorio e conseguiu remontar gañando con claridade os dous seguintes sets (6-4, 6-2). Agora medirase na final con Medvedev. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade