Alberto Fidalgo: "Na marcha nórdica usamos o 90 % dos músculos"
Alberto Fidalgo: "Na marcha nórdica usamos o 90 % dos músculos"
O atleta taboadense pertence ao club Marcha Nórdica A Coruña

A contorna da Torre de Hércules, na Coruña, servirá este domingo de escenario para o campionato galego dunha disciplina pouco coñecida pero moi atlética: a marcha nórdica.
No Galicia en goles quixeron coñecer un chisco máis esta disciplina conversando co atleta de Taboada e residente en Perillo (Oleiros) Alberto Taboada.
"Queremos que nesta cita a xente coñeza algo máis sobre este deporte. Non é só para deportes para maiores ou para xente con algunha patoloxía. É un deporte moi completo e intenso e para nada calmado. Cando saímos correr usamos a metade dos músculos e cando facemos marcha nórdica usamos un 90 % da nosa musculatura. Os consumos calóricos dispáranse. É un deporte pode ser máis ou menos duro segundo o queiras espremer. O noso club está sendo punteiro non só a nivel galego senón a nivel nacional. É unha disciplina que comeza no ano 30 en Finlandia cos esquiadores de fondo, cando adestraban en verán cando non había neve. Respectaban a técnica".