Cargando resultados...
Alba Cid e Estevo Creus reescriben a historia de Ponto e Sidonia
A Central Folque publica 'A faia de Ponto. Le Roi de la Galice'
A plaquette revisa o texto medieval francés 'Ponthus et la belle Sidonie'
Alba Cid na Central Folque da Coruña
G24.gal
13/02/2023 13:08
Última actualización 13/02/2023 13:34
No bosque artúrico de Brocelianda, en Bretaña, aínda hoxe se pode ver a faia de Ponto. Conta a lenda que foi Ponto, Le roi de la Galice, quen a plantou, outra asegura que a árbore é el mesmo.
A plaquette 'A faia de Ponto. Le Roi de la Galice', con ilustracións de Maria João Worm, reúne os textos de Alba Cid e Estevo Creus nunha relectura poética do texto medieval francés.