Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aínda se descoñece a orixe do gromo de gastroenterite de Betanzos

Aínda se descoñece a orixe do gromo de gastroenterite de Betanzos

O Concello agarda que antes do luns cheguen os resultados das análises da auga e recomenda non beber auga da billa nin lavar os dentes con ela

G24.gal 02/06/2023 21:55 Última actualización 02/06/2023 22:16

As cisternas seguirán dando servizo de auga en Betanzos porque logo dunha semana continúa a descoñecerse a causa do gromo de gastroenterite.

"É certo que aínda non temos os resultados, terémolos os vindeiros días. Eses resultados van aclarar a causa. Podemos telos esta fin de semana ou o luns", dixo a alcaldesa en funcións de Betanzos, María Barral. 

A alcaldesa en funcións fixo estas declaracións trala primeira xuntanza entre Consellería de Sanidade e o Concello. Nela acordáronse medidas preventivas: un plan de limpeza da rede de auga potable e análises máis profundas que se acometerán de inmediato.

Por agora mantéñense as restricións de días pasados: non se poderá beber auga da billa, tampouco usala para lavar alimentos ou para a hixiene bucodental.

Mentres, os casos de gastroenterite seguen aumentar, xa van polos 440, aínda que diminúe o seu ritmo. 

A semana que vén está prevista unha nova xuntanza de seguimento da situación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar