Agresividade, defensa e personalidade as tres claves para gañar no Bernabéu
Claudio confirmou que Aidoo estará de baixa dúas semanas
O técnico valorou en positivo a temporada
O Celta venceu nas tres últimas saídas na Liga
No día antes de enfrontarse ao Real Madrid no Bernabéu, o Celta adestrouse baixo a intensa néboa de Mos, en Afouteza, e logo o técnico do Celta compartiu uns minutos cos xornalistas. Na conferencia de prensa, Claudio Giráldez confirmou que, á espera do que lle confirmen os fisioterapeutas, só conta coa baixa de Aidoo. Ten para dúas semanas de baixa.
O adestrador regaloulle bonitas palabras a Xavi Alonso, ao que cualificou de bo adestrador e humilde. E tamén falou das claves para gañar no Bernabéu, que serán tres:
-Ser agresivos cando estean en bloque alto.
-Defender ben en bloque baixo
-E ter personalidade
Claudio tamén quixo contestarlles a todos os que pensan que o Celta non está a facer unha boa temporada. E fixoo deixando unha frase rotunda: "Cada un pode esperar o que queira".
O Real Madrid - Celta pecha a xornada deste domingo (21 hs) e terá a Alejandro Quintero como árbitro e a Jorge Figueroa no VAR.