Agar Ledo guíanos pola exposición de Maruja Mallo
Pode visitarse este mes de outubro no Museo Reina Sofía de Madrid. Trátase dunha exposición que reúne máis de 80 pezas chegadas de todo mundo e coas que se traza un relato vital e e artístico de Maruja Mallo
A exposición é unha das mostras máis completas sobre esta artista vangardista, integrante da Xeración do 27, que soubo romper coas normas e os roles de xénero
A exposición é a mostra máis completa sobre Maruja Mallo
O título, Máscara e compás, reflicte a tensión entre emoción e razón que define toda a súa obra.
Maruja Mallo foi unha artista vangardista e integrante da Xeración do 27, rompeu normas e roles de xénero.
Defendeu unha modernidade crítica e feminista, comprometida coa liberdade e a transformación social.
Durante o percorrido, a mostra empeza coas coloristas verbenas (Sala 1)
As Verbenas (1926–1928) mostran o seu interese polo pobo e pola festa como espazo de subversión.
A ironía e a crítica social convértense en ferramentas pictóricas.
Na exposición enténdese a Maruja Mallo como unha artista total, que ademais de pintura fixo cerámica e incluso teatro
En París descobre o teatro como espazo de experimentación interdisciplinar.
O proxecto Clavileño (1936) amosa o seu soño dunha arte total truncada pola Guerra Civil.