Adrián López 'Piscu': “Quero repetir todos os anos os ‘castings’ de futbolistas en Galicia”
Carlos Lobo, xogador do modesto San Tirso, recibiu ofertas de dúas universidades dos EUA
Hoxe pasou por Zona Mixta Adrián López, 'Piscu', ex xogador do Deportivo entre outros e que agora representa xogadores novos. En Cerceda fixeron unha escolla entre 55 rapaces e varias universidades dos EUA chamaron, entroutros, a Carlos Lobo
Unha selección galega nos Estados Unidos
Contounos Piscu que en Cerceda presentáronse 55 rapaces e finalmente recibiron ofertas uns 10 ou 12
"Pódese dicir que case fixemos un once, unha Selección Galega nos Estados Unidos"
De xogar no Santirso a Illinois para facerse un nome
Carlos Lobo chegou a xogar algún partido co San Tirso e na proba estivo moi solto
"Non estiven nervioso, a verdade. Sempre que entro no campo penso en gozar. Son admirador de James Rodríguez, gustaríame ser como el"
"Non penso adaptar o meu apelido, quero que en EUA coñezan a Carlos Lobo"
Piscu contounos que oito adestradores de universidades americanas estiveron presenciando os partidos e recolleron videos para enviar a outras universidades.
"Eles non saben se xogadores como Carlos pertencen a un equipo pequeno ou non"
"Eu falo cos pais e póñolles todas as cartas sobre a mesa: a contía da bolsa, as posibilidades deportivas e de estudos. Hai moitos factores diferentes"
Consolidación anual do proxecto en Galicia
"Xa estou preparando a edición do vindeiro ano, a miña intención é que se celebre aquí cada ano unha escolla de xogadores"
O Deportivo ascenderá co apoio da xente
Piscu falounos das posibilidades do Deportivo cara o ascenso, pensa que o factor cancha vai ser fundamental
"Se non pode ser o ascenso directo, que vexo moi difícil, creo que o sentir os azos da xente vai ser fundamental para que este ano ascenda"
