Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adrián Orjales ensínanos como se tira con arco cun 10 % de visión

Adrián Orjales ensínanos como se tira con arco cun 10 % de visión

O naronés acaba de ser prata no campionato de Europa de tiro con arco adaptado

G24.gal 10/08/2022 15:23

Con só 22 anos, e coa única axuda dun visor táctil e moito adestramento, no que é clave a posición do corpo, Adrián Orjales, do club Arco A Frouxeira vén de dar a badalada no campionato de Europa de tiro con arco adaptado para deficientes visuais. O naronés acadou a prata na súa primeira participación.

Adrián ten apenas un cinco por cento de visión nun ollo e un oito noutro, algo que nunca o afastou dos seus propósitos. "É un diamante". Así o define o seu adestrador Pepe Teijeiro ao que pretende sacar todo o brillo posible.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade