Publicador de contidos

Publicador de contidos

Adrián Ben "O atletismo é o rei dos deportes. Este ano toca mundial de pista cuberta"

Adrián Ben "O atletismo é o rei dos deportes. Este ano toca mundial de pista cuberta"

O atleta viveirense, xunto Á TVG e o Galicia en Goles, foron recoñecidos na Gala do centenario da Federación galega

G24.gal 18/12/2021 09:14

Lalín foi o lugar escollido pola Federación Galega de Atletismo para celebrar a gala do seu cen aniversario. Nun emotivo acto, o ente federativo fixo entrega das distincións a clubs, atletas, árbitros e medios de comunicación, entre os que se atopaban o Galicia en Goles, da Radio Galega, ou a propia TVG. Entre outros premiados estiveron os olímpicos Adrián Ben e Belén Toimil. O mediofondista de Viveiro explicou a súa experiencia con esta modalidade

"Aquí estamos para recoller a homenaxe pero non podemos demorarnos moito que o domingo hai competición. Estou traballando resistencia e veremos este domingo do que somos quen. O Atletismo é o rei dos deportes, nos XXOO, cun deporte que é maravilloso. Coñeces xente marabillosa, visitas lugares incribles, con experiencias vividas que quedarán para sempre"

Aproveitou Ben para conversar co Galicia en Goles e facer balance deste ano e do que está por entrar.

"Este ano toca Mundial de pista cuberta. Non é onde mellor me desenvolvo pero tentarei estar o mellor posible. Logo xa chega o aire libre. Creo que coa progresión que estamos tendo, poderemos desfrutar dun gran 2022"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade