Adiado o Manresa-Obradoiro polos positivos no conxunto catalán
O día 19 o número de contaxiados ascendía a 13
Detectado un positivo no Obradoiro

Adiado o Manresa-Obradoiro polos positivos no conxunto catalán. O día 19 o número de contaxiados ascendía a 13.
O partido de ACB que debía disputarse este domingo contra o Barça e o do próximo martes fronte ao Hapoel Xerusalén da liga de Campións foron suspendidos polos casos de coronavirus no equipo manresano.
Aprazado o encontro deste xoves na pista do BAXI Manresa!
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) December 27, 2021
Molta força, companys @BasquetManresa 💪🏼💪🏼 https://t.co/VQI22QypDF
Horas despois de saberse esta nova, o Obradoiro comunicou o caso dun positivo por COVID-19 no equipo. O xogador está illado seguindo o protocolo sanitario. O resto do equipo someteuse a unha proba de antíxenos, na que todos deron negativo. Nas próximas horas o equipo someterase a novas probas PCR.
Detectado un positivo por COVID-19 no equipo.
— OBRADOIRO CAB (@OBRADOIROCAB) December 27, 2021
O xogador está illado seguindo o protocolo sanitario.
O resto do cadro de xogadores someteuse a unha proba de antíxenos, na que todos deron negativo.
Nas próximas horas o equipo someterase a novas probas PCR.https://t.co/URJjPY8In3 pic.twitter.com/6gfpEHamRK