Cargando resultados...
Activo un incendio forestal en Vilardevós
Comezou ás 15:40 horas e afecta unha superficie de 10 hectáreas
G24.gal
02/09/2026 18:10
Un incendio forestal afecta este mércores a parroquia de Enxames, no municipio ourensán de Vilardevós.
Comezou ás 15:40 horas e afecta unha superficie de 10 hectáreas, segundo as últimas estimacións.
Para facer fronte ás lapas mobilizaron, polo momento, tres axentes, sete brigadas, cinco motobombas, unha pa, un técnico, catro avións e tres helicópteros.
Ademais, a Delegación do Goberno en Galicia indicou que no punto traballa, de maneira coordinada co dispositivo autonómico, unha brigada despregada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.