Acordo para construír o centro de saúde do Sagrado Corazón de Lugo, cun investimento de 4,8 millóns
Primeiros pasos para o centro de saúde do Sagrado Corazón de Lugo
Xunta de Galicia e Concello desbloquean o proxecto para o novo ambulatorio que se construirá na parcela do antigo colexio e dará cobertura a dez mil veciños da cidade
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anuncia en Lugo que Xunta actuará na totalidade da parcela do vello colexio do Sagrado Corazón, na que ademais do ambulatorio haberá outras dotacións de servizos públicos.
O alcalde lucense, Miguel Fernández, lembrou as demandas veciñais dun centro de día e unha gardería para un barrio en expansión.
O novo centro de saúde do Sagrado Corazón dará servizo a dez mil veciños da cidade e suporá un investimento de case 5 millóns de euros.
O Concello negocia con Abanca a adquisición do solar para cederllo á Xunta.