Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xustiza europea retira a inmunidade a Puigdemont

A xustiza europea retira a inmunidade a Puigdemont

Contra a sentenza, que tamén afecta a Comín e Ponsatí, pódese recorrer ante a instancia superior, o Tribunal de Xustiza da UE

"Nada se acaba. Ao contrario, todo continúa", dixo Puigdemont

Isabel Rodríguez celebra que a xustiza europea ratifique a posición do Goberno

G24.gal 05/07/2023 09:49 Última actualización 05/07/2023 10:39

O Tribunal Xeral da Unión Europea retirou este mércores a inmunidade parlamentaria ao expresidente catalán Carles Puigdemont e aos outros dous eurodeputados de JxCat, Toni Comín e Clara Ponsatí. 

Contra a sentenza, con todo, pódese recorrer ante a instancia superior, o Tribunal de Xustiza da UE. "Nada se acaba. Ao contrario, todo continúa. Presentaremos recurso ante o Tribunal de Xustiza da UE", dixo Puigdemont nunha mensaxe na súa conta de Twitter minutos despois de que o tribunal de Luxemburgo emitise a sentenza.

"Certamente, traballamos duro para obter outra sentenza, pero tamén estabamos a preparar o camiño para seguir no caso de que o resultado fose o que se comunicou hoxe", apuntou o expresidente catalán. 

Puigdemont asegurou que "hoxe a disidencia política está máis ameazada en Europea". "As minorias políticas que defendan causas que incomoden os Estados terán, se esta sentenza non se reverte, máis dificultades para exercer os seus dereitos", concluíu Puigdemont. EFE

O TXUE desestimou "todos os motivos" que alegaron os tres eurodeputados para tentar conseguir que a xustiza europea anulase o suplicatorio que en 2021 aprobou o Parlamento Europeo.

En primeiro lugar, o TXUE dixo que para tomar a súa decisión, a Eurocámara non tiña que analizar "a legalidade" do proceso xudicial iniciado en España contra os líderes independentistas tras o referendo do 1 de outubro porque "esta cuestión é competencia exclusiva das autoridades nacionais".

A sentenza avalou que a Eurocámara lles retirara a inmunidade, tendo en conta que os feitos que lles imputa a xustiza española se cometeron en 2017, antes de adquirir o seu escano de eurodeputados, é dicir, nun momento en que esa condición era "hipotética".

Os xuíces tamén dixeron que o Parlamento Europeo non violou o principio de imparcialidade a pesar de que o relator do suplicatorio, o búlgaro Angel Dzhambazki, forme parte do mesmo grupo político en que se integra Vox, o partido que iniciou a causa do procés en 2017. O TXUE sinalou que esta circunstancia é "en principio irrelevante para a apreciación da súa imparcialidade".

O TXUE dixo ademais que "un deputado, por definición, non é politicamente neutro" e actúa "no marco dunha comisión parlamentaria cuxa composición reflicte o equilibrio dos grupos políticos no Parlamento".

Desestimou tamén o recurso que Puigdemont, Comín e Ponsatí impuxeron contra o expresidente do Parlamento David Sassoli por non defender a súa inmunidade parlamentaria cando o Tribunal Supremo solicitou o suplicatorio.

O Goberno celebra a decisión

A ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, Isabel Rodríguez, celebrou que a xustiza europea retirara a inmunidade parlamentaria ao expresidente catalán Carles Puigdemont e a dous eurodeputados de JxCat,  Toni Comín e Clara Ponsatí, porque ratifica a posición do Executivo.

"Estas persoas fuxíron cando gobernaba o Partido Popular e, desde entón as cousas cambiaron, grazas fundamentalmente á acción determinada do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que se marcou como unha prioridade fundamental o recuperar a convivencia en Cataluña", afirmou a ministra.

A portavoz do Goberno considerou:

"Hoxe Cataluña é mellor, recuperouse a convivencia, en Cataluña cúmprense as leis e Cataluña participa de maneira activa no crecemento económico de España", á vez que destacou: "Antes fuxían de aí as empresas e agora asíntanse e invisten en Cataluña".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade