A Xunta vai investir máis de 5 millóns de euros nunha senda peonil entre Vigo e Nigrán
Neste treito vanse instalar cámaras para que os vehículos poidan detectar os peóns e os ciclistas e mellorar así a súa seguridade
Os ciclistas e peóns que se movan entre Vigo e Nigrán poderán gozar de mellores espazos.
A Xunta vai investir máis de 5 millóns de euros na construción dunha senda de máis de 13 quilómetros de lonxitude.
Neste treito vanse instalar cámaras que lles van permitir aos vehículos que conten con sistemas intelixentes detectar os peóns e os ciclistas e mellorar así a súa seguridade.
"Isto é unha actuación ambiciosa, son máis de 5 millóns de euros. Está dentro do Plan de Sendas da Xunta de Galicia, xa temos 300 quilómetros de sendas espalladas por toda Galicia e queremos facer 120 máis nos próximos anos, porque é algo que a xente pide, explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda."