Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta reforzará a presenza en eventos nacionais e internacionais para promover produtos do mar

A Xunta reforzará a presenza en eventos nacionais e internacionais para promover produtos do mar

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, que participou en París na feira Sial coa presenza de 14 empresas galegas

O ano que vén as empresas do sector estarán presentes en 15 eventos

O Goberno galego inviste máis de 3 millóns neste labor de promoción

G24.gal 17/10/2022 14:30

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou este luns as empresas galegas da cadea mar-industria que participan estes días na feira Sial Paris 2022 para apoialas na promoción dos seus produtos en novos mercados e na busca de oportunidades de negocio noutros países.

A titular de Mar anunciou que o seu departamento vai reforzar en 2023 a participación neste tipo de eventos nacionais e internacionais coa presenza nun total de 15 certames -fronte aos 13 deste ano- e que investirá máis de 3 millóns de euros nestas accións de promoción e impulso da internacionalización das empresas do mar de Galicia.

A representante da Xunta defendeu a aposta de Galicia por poñer en valor a calidade dos seus produtos pesqueiros e dalos a coñecer en todo o mundo, o que contribuirá a impulsar a súa demanda, os seus prezos e os ingresos dos profesionais da pesca, o marisqueo, a acuicultura e a transformación.

Esta cuestión, dixo, é fundamental nun momento de dificultades derivadas da guerra en Ucraína, do encarecemento da enerxía e das materias primas e de medidas inxustas como o veto á pesca de fondo decretado por Bruxelas.

Ante esta situación, e unha vez superado o parón na celebración de eventos multitudinarios pola pandemia da covid-19, Rosa Quintana apelou á necesidade de seguir mostrando a todo o mundo que Galicia conta cuns produtos pesqueiros da máxima calidade e cunhas empresas que miman a súa materia prima apostando continuamente pola innovación e a mellora da súa competitividade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos