A Xunta recupera a liña de axudas á mobilidade extracomunitaria para universitarios
O ano pasado non se concedeu debido á pandemia
Ata 62 alumnos galegos se beneficiaron desta bolsa
.png)
A Xunta de Galicia concedeu 72 axudas para o alumnado universitario a países extracomunitarios para o curso 2021/2022. O goberno galego recupera así esta liña de axudas despois de que a pandemia imposibilitase que se levase a cabo o ano pasado.
Segundo informa, dos beneficiarios 15 son alumnos da Universidade de Santiago de Compostela, 22 da da Coruña e 35 da Universidade de Vigo. Cada un dos estudantes recibirá unha axuda de 1.700 euros.
O obxectivo desta liña de axudas é "favorecer a mobilidade internacional dos estudantes do Sistema Universitario de Galicia" para que o alumnado poida integrarse nunha comunidade internacional e multicultural que "mellorará os seus coñecementos profesionais e lingüísticos".
Para acceder á axuda os requisitos eran estar matriculados neste curso académico nun grao dunha universidade galega e participar no programa de mobilidade universitaria coa autorización de ambas as universidades.