Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta presenta o plan estratéxico de Galicia ata o 2030

A Xunta presenta o plan estratéxico de Galicia ata o 2030

Prevé un crecemento anual de entre o 2 e o 2,5 % e reducir a taxa de paro ao 8 %

G24.gal 10/03/2022 15:09

O Consello da Xunta aprobou este xoves o plan estratéxico 2022-2030, o documento que guiará as políticas económicas do Goberno galego durante esta década. 

As principais metas do plan, segundo explicou o pesidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, son acadar a converxencia plena con España en renda bruta per cápita dos fogares, crear máis e mellor emprego, reforzar a saúde, aumentar o peso das enerxías renovables ou garantir unha Galicia sen fendas de xénero.

E todo isto, engade Feijóo, con dúas prioridades: un crecemento da economía medio sostido ata o 2030 de entre o 2 e o 2,5 % anual, cun mellor comportamento que a media de España, e baixar catro puntos a taxa de paro ata chegar ao 8 % ao final da década.

"Para gobernar baixando impostos, non incrementando a presión fiscal, controlando a débeda e o déficit público son necesarios moitos anos de experiencia e unha determinación política para conseguilo. Galicia deu mostras de que sabe da importancia da planificación, que non vai perder trimestres en ver como vai a guerra de Ucraína e pensamos que estamos listos xa para presentar este plan", defendeu Alberto Núñez Feijóo. 

Feijóo defendeu que este é un documento de país, elaborado coas achegas de 300 expertos. Agora o plan será enviado ao Parlamento para ser debatido.

A Xunta tamén vai remitir ao Parlamento para a súa aprobación definitiva o proxecto de lei do ciclo integral da auga. O presidente di que esta lei busca dar un mellor servizo aos cidadáns, con responsabilidade ambiental, e responder á demanda de axuda dos concellos.

Feijóo insiste en que Augas de Galicia non vai aumentar as taxas e dependerá de cada concello se quere mudar os recibos. Tamén reitera que a Xunta lles dá aos concellos a posibilidade de encargarlle a xestión da auga, pero que é unha opción voluntaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade