Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta esixe ao Goberno unha ABAU única "de consenso"

A Xunta esixe ao Goberno unha ABAU única "de consenso"

Di que, de non lle escoitaren as súas propostas, deixará de facer "achegas construtivas"

G24.gal 02/11/2022 20:03

A Xunta esixe a Moncloa unha "participación real das comunidades autónomas" na consecución dunha ABAU única "de consenso" igual para todo o alumnado que accede a un sistema universitario de distrito único.

Esta foi a petición do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades Román Rodríguez na conferencia sectorial que foi convocada para este mércores polo Ministerio de Educación a fin de tratar o novo modelo.

Rodríguez, informa un comunicado, pediu á ministra do ramo Pilar Alegría unha colaboración real de todos para unha ABAU con criterios "básicos, homologables e uniformes", e tamén que se atrase un ano o calendario de implantación da nova proba.

Lamentan que as súas propostas non se escoiten 

O conselleiro lamentou que as propostas galegas non estean a ser escoitadas nas reunións técnicas convocadas para abordar estrutura e calendario e ofreceu, por tanto, unha "última oportunidade" ao Ministerio para tomalas en conta.

Se non é así, anticipou que o Goberno galego deixará de facer achegas construtivas, se é que persisten e "continúan refugándoas".

Por último, demandou que reunións como esta sexan presenciais e non por videoconferencia, debido ao calado das decisións que se teñen que tomar e ao seu impacto na cidadanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade