Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta Electoral deixa a Democracia Ourensana fóra dos espazos electorais nos medios públicos

A Xunta Electoral deixa a Democracia Ourensana fóra dos espazos electorais nos medios públicos

A decisión pode recorrerse ata o 27 de xaneiro

G24.gal 25/01/2024 18:27 Última actualización 25/01/2024 20:15

A Xunta Electoral de Galicia resolveu deixar a Democracia Ourensana fóra dos espazos electorais gratuítos nos medios públicos.

Segundo o acordo da Xunta Electoral deste mesmo xoves, un total de 10 partidos dos 11 que presentan candidaturas en Galicia terán espazos electorais gratuítos na TVG, Radio Galega, TVE e Radio Nacional de España.

Son o PP, BNG, PSdeG, Vox, Sumar, Podemos, Pacma, Espazo Común Galeguista, Por un mundo máis xusto e Escanos en branco.

Contra esta repartición, os representantes das entidades políticas poderán interpoñer recurso de alzada ante a Xunta Electoral de Galicia ata as 11.00 horas do 27 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade