Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta critica "a falta de valentía" do Goberno por non aproveitar para rescatar a AP-9

A Xunta critica "a falta de valentía" do Goberno por non aproveitar para rescatar a AP-9

O Executivo autonómico "lamenta" que "volva castigar os galegos, aos que condena a seguir pagando unha peaxe inxusta"

G24.gal 17/09/2025 15:50

A Xunta de Galicia lamentou este mércores a decisión do Goberno central de deixar en mans de Bruxelas o futuro da AP-9, ao non pronunciarse sobre a ilegalidade das prórrogas da concesión da autoestrada, e asegura que "volve castigar os galegos, aos que condena a seguir pagando unha peaxe inxusta".

Nun comunicado o Goberno galego critica a "falta de valentía do Goberno central e lamenta que non se aproveite a oportunidade para rescatar a AP-9 e liberar a peaxe". Insiste en que se trata da "principal vía que vertebra a comunidade", e que ese rescate sería "a alternativa máis vantaxosa para o interese público".

Recorda a Xunta o estudo elaborado pola administración autonómica que eleva a 2.356 millóns de euros o custo dese rescate, e cre que "canto máis tarde se produza este rescate, será maior o prexuízo para os contribuíntes e usuarios da autoestrada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade