Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destina 19 millóns ao mantemento do Camiño e elabora un plan de enogastronomía

A Xunta destina 19 millóns ao mantemento do Camiño e elabora un plan de enogastronomía

O Goberno galego tamén aproba o expediente para construír un treito de oito quilómetros da autovía Santiago-A Estrada

G24.gal 07/12/2022 16:35

O Consello da Xunta aprobou este mércores dous acordos en materia de turismo: un plan de 32 millóns para impulsar a enogastronomía e unha achega de 19 millóns para o mantemento do Camiño de Santiago.

Eses 19 millóns destinaranse nos próximos tres anos á limpeza ou mellora de sinalizacións das rutas xacobeas. Un investimento importante, di o presidente, pero rendible, polo retorno que deixan os cada vez máis peregrinos.

O Goberno galego tamén autorizou o plan de sostibilidade turística de enograstronomía que vai levar Galicia á Conferencia Sectorial de Turismo para captar 32 millóns de fondos Next Generation.

"O obxectivo é, con esta cantidade, dar o paso case definitivo para situar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel. Hai un turismo de alto poder adquisitivo que se move en función destes destinos", explicou o presidente, Alfonso Rueda.

O plan prevé usar os terreos vitivinícolas tamén para o turismo, adaptar os aloxamentos para experiencias enogastronómicas ou crear unha rede de transporte entre as cinco rutas do viño de Galicia.

Autovía Santiago-A Estrada

Na súa reunión semanal, o Goberno galego tamén aprobou este mércores o expediente de información pública dun novo treito da autovía Santiago-A Estrada de case 8 quilómetros. A obra ten un orzamento de 60 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade