Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta anima a pedir as axudas de mellora enerxética de vivendas e empresas

A Xunta anima a pedir as axudas de mellora enerxética de vivendas e empresas

As axudas poden chegar aos 17.000 euros e, segundo explica Pablo Fernández Vila, director xeral de Planificación Enerxética, o aforro posterior nos recibos é moi superior

Galicia duplica en seis meses as instalacións fotovoltaicas de autoconsumo

G24.gal 20/10/2022 09:54

A Xunta anima as empresas e as familias a pediren as axudas para mellorar a eficiencia enerxética, instalando placas solares, caldeiras ou xeotermia.

O director xeral de Planificación Enerxética Pablo Fernández Vila, nunha entrevista na Radio Galega, puxo como exemplo a xeotermia e o solo radiante. Recordou no Galicia por Diante que as axudas poden chegar ós 17.000 euros e que o aforro posterior nos recibos é moi superior.

"En xeotermia e solo radiante temos axudas de ata 17.000 euros. Iso en contía económica. Dende logo o aforro enerxético é moi significativo. Cando falamos con instaladores, dinlle ao cliente que vai obter unha amortización en 7 ou 10 anos. Pero iso era hai uns meses. Actualmente, co prezo da enerxía, a amortización deste tipo de instalacións está sendo nun período moito máis curto. Eu creo que é algo importante para que os galegos e as galegas o teñan en conta á hora de facer este tipo de investimentos", explicou.

Fernández Vila tamén explicou que os orzamentos da Xunta inclúen importantes partidas para protexer as familias vulnerables, con bonos para compensalas polos altos prezos da electricidade.

Agora, di, hai case 6.000 familias acollidas a estas axudas, pero prevén "que subirá o número" polos altos prezos. "Unha mágoa", expuxo o director de enerxía, xa que iso demostra que hai moitas familias que o están pasando moi mal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade