Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia duplica en seis meses as instalacións fotovoltaicas de autoconsumo

Galicia duplica en seis meses as instalacións fotovoltaicas de autoconsumo

A suba do prezo dos combustibles fósiles e da electricidade acelera a transición ecolóxica nos fogares e nas pequenas empresas

As placas fotovoltaicas situadas sobre tellados estanse a converter nunha imaxe familiar
G24.gal 19/10/2022 11:33

Ademais do contexto enerxético actual, os expertos subliñan outras dúas razóns para o auxe da enerxía fotovoltaica. A máis importante é a redución do prezo dos paneis solares respecto a hai dez ou quince anos. Un prezo que, por certo, se mantén bastante estable malia a crise inflacionista.

A segunda razón sería a maior contía e a simplificación dos trámites nas axudas públicas.

Granxa cunha instalación fotovoltaica Granxa cunha instalación fotovoltaica

A liña de axudas do Instituto Enerétivo de Galicia (INEGA), procedentes dos fondos europeos de recuperación e resiliencia, tivo que duplicarse ante o aluvión de peticións para enerxía fotovoltaica. Pasouse de 31 millóns a mais de 62.

"Había algo máis de 2.300 instalacións rexistradas en Galicia e a escasos sete meses despois, en setembro deste ano, xa superabamos as 4.300", apunta Juan Rodríguez, director de Enerxía do INEGA.

Os instaladores cren que esa enorme desexabilidade non se debe só ao contexto enerxético. 

"Mesmo antes da guerra, e aínda que estamos con procesos inflacionarios, a demanda é impresionante. A nosa previsión de crecemento para o ano que ven no ámbito residencial calculamos que aumentou un 200 %", explica José Manuel Fernández Alvariño, presidente de Voltfer Grupo Alvariño.

Unha familia media adoita poñer uns 10 kw, así que aquí entran tamén as empresas pequenas, granxas, adegas ou locais da administración, cun aforro que pode chegar ao 60 %. No caso dos grandes consumidores industriais, a demanda medrou tamén: un 50 %.

Grandes consumidores industriais buscan nesta enerxía unha alternativa para o seu funcionamento Grandes consumidores industriais buscan nesta enerxía unha alternativa para o seu funcionamento

O custo dunha instalación familar, coas axudas, está nun 15.000 euros, entre placas e baterías. A tramitación desas subvencións faise a través de entidades colaboradoras, é dicir, das propias empresas de instalación, para así simplificar os trámites.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade