A voltas ca semana laboral de 4 días: un test que pode ser prometedor, por María Loureiro
O programa estará dotado con hasta 200.000 euros en axudas para cada pyme e estímase que beneficiará entre 60 e 70 compañías
O Ministerio de Industria abriu as subvencións para pemes con menos de 250 traballadores que operen dentro do sector industrial que queiran acollerse a un programa piloto. Para implantar a semana laboral de catro días deberán expor unha redución da xornada semanal de traballo dun mínimo do 10 %, segundo explican, á vez que se comprometan a non reducir os soldos dos traballadores.
O número de traballadores participantes por empresa será polo menos do 30 % para as empresas de ata 20 traballadores e polo menos do 25 % para pemes entre 21 e 259 traballadores. En contrapartida, o programa estará dotado con ata 200.000 euros en axudas para cada peme e estímase que beneficiará entre 60 e 70 compañías.
Cales son as vantaxes da semana de catro días?
As vantaxes máis importantes fan referencia ao aumento da produtividade das horas traballadas, ademáis da satisfacción dos traballadores, e tamén á súa mellor capacidade de mellorar a conciliación familiar ou compatibilidade con estudos e outras actividades.
Agora ben, para o empresario, tamén hai vantaxes significativas, en especial as que fan referencia á reducción do absentismo laboral, problema que en España é moi importante.
E curioso que na maioría dos estudos feitos non se perde produtividade dos traballadores, senón que se gaña. É dicir, que se produce o mesmo, pero de forma máis concentrada.
A maiores, e dependendo do sector, pode haber outras vantaxes referentes á reducción de custos operativos da actividade, por exemplo, no caso de traballos de oficina, non será necesario ter tantos metros cadrados alugados, nin pagar tantas viaxes de transporte.
Cales son os inconvenientes?
Os inconvenientes máis relevantes fan referencia á necesidade de adaptar con precisión esta semana laboral de catro días a cada empresa e a poder ser á realidade de cada traballador.
Nos lugares onde mellor funciona a semana de catro días, os traballadores e empresarios seguen un pequeno adestramento para mudar rutinas, priorizar tarefas, eliminar tempos mortos e xestionar os picos de traballo concentrados nestes catro días.
O que é obvio é que non todos os sectores nin empresas poden beneficiarse do mesmo deseño desta semana laboral de catro días, e tamén é importante recoñecer que cando comparamos vantaxes e inconvenientes tampoco estamos a falar necesariamente da mesma implementación destas semanas de catro días.
Existen precedentes?
Existen bastantes precedentes internacionais. No contexto europeo, un dos países que máis progresaron foi Bélxica. Neste país aprobouse por lei a xornada laboral de catro días para os empregados que así o desexen.
En febreiro, os empregados belgas gañaron o dereito a realizar unha semana laboral completa en catro días en lugar de cinco, sen perdas de salario. O Proxecto de Lei entrou en vigor o 21 de novembro e permitiu decidir aos empregados se desexan traballar as horas en cinco ou catro días.
O estudo máis grande que se está facendo para comparar o rendemento e satisfacción dos empregados é o que leva a cabo o a organización británica think tank 4dayweek, na que participan máis de 70 empresas e 300 empregados.
O mesmo programa piloto está sendo desenvolvido en Irlanda, Estados Unidos, Canadá, Australia e Nova Zelandia. Os resultados provisorios son moi alentadores en termos de produtividade e satisfacción dos empregados. Agora ben, ata o 2023 non sabermos os resultados.
Na nosa contorna, e a raíz da COVID-19, houbo varias multinacionais pioneiras. A primeira empresa en aplicar unha xornada laboral de catro días foi a empresa Telefónica, pero implicaba unha reducción do salario por traballador.
Agora ben, seis meses despois, e á vista da escalada de prezos xeral na economía, vese que a maioría dos traballadores prefiren retornar ao escenario de traballar cinco días e gañar máis que estar na situación de traballar catro e gañar menos.
Entón, en resumo, aínda non sabemos se a semana laboral pode ser exitosa en España, pero ata agora, aprendemos dúas mensaxes fundamentais destes plans pilotos das semanas de catro días laborais.
Primeiro, hai diferencias importantes no seu deseño, polo que unha semana de catro días pode ser de corenta horas laborais, e non de 32; e o traballador/a tamén pode gañar o mesmo soldo ou menos. Segundo, os resultados tamén van depender das características das empresas, polo que debemos ter cautela co que comparamos. En resumo, todo pode depender do sector e empresa onde se estableza.