Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vivenda centra a precampaña electoral en Galicia

A vivenda centra a precampaña electoral en Galicia

As formacións políticas presentan os candidatos das catro provincias na conta atrás para o inicio da campaña do 29-N

G24.gal 03/11/2026 14:50

O BNG reivindica o seu papel como alternativa para todos aqueles que queren avanzar en dereitos e liberdades. E pon a vivenda como exemplo.

"Apelamos a concentrar todo o voto galego inconformista na papeleta do BNG", pide Ana Pontón.

Un apoio que para a Fronte Ampla vén avalado pola súa xestión dentro do Goberno. E piden concentrar na súa papeleta o voto da Galicia progresista.

"O maior voto útil é vota por aquela candidatura que sobe o salario mínimo, que aumenta os permisos por paternidade ata as 19 semanas e que ten vocación de gobernar mellor", reclama Paulo Carlos López, desde Fronte Ampla.

Os socialistas poñen por diante a defensa dos servizos públicos. E defenden os resultados da política de vivenda do Goberno.

"A rebaixa de máis de 100 euros nos alugueiros na cidade de Barcelona quere dicir que unha certa regulación no mercado funciona", defende Obdulia Taboadela.

Os populares din que a falta de presupostos marca unha lexislatura inaudita, que deixa como balance o abandono de Galicia por parte do Goberno de Pedro Sánchez.

"Isto esténdese á maioría dos bens públicos que son propiedade do Estado. Estámolo notando nas estradas, no ferrocarril e en edificios emblemáticos que caen", afirma o popular Pedro Puy. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos