Cargando resultados...
A vitoria dos liberais do falecido Shinzo Abe abre a porta á reforma constitucional
O partido gobernante logra 63 dos 125 escanos en xogo e consolida deste xeito unha maioría suficiente para reformar a Constitución pacifista do país

G24.gal
11/07/2022 08:15
Ampla vitoria do Partido Liberal Democrático do Xapón nas eleccións lexislativas parciais que se celebraron este domingo, ao que pertencía o exprimeiro ministro Shinzo Abe, asasinado o venres pasado.
O partido gobernante logra 63 dos 125 escanos en xogo e consolida deste xeito unha maioría suficiente para reformar a Constitución pacifista do país, que lle foi imposta en 1947 tras saír derrotado da II Guerra Mundial.
A reforma constitucional era unha dos grandes aspiracións de Shinzo Abe, ata a súa violenta morte o venres pasado.