Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE propón que o certificado covid teña unha validez de nove meses

A UE propón que o certificado covid teña unha validez de nove meses

Sería necesaria a dose de reforzo para poder circular polos estados membros

G24.gal 25/11/2021 14:24

As autoridades europeas tratan de unificar criterios entre os estados membros cunha proposta: o establecemento dun límite máximo de validez da vacina de nove meses desde a súa administración para poder viaxar aos diferentes países da Unión.

A tese alíñase cos argumentos a favor das vacinas de reforzo. A Comisión Europea quere que se dea prioridade aos viaxeiros vacinados e tamén vai propor que a partir do vindeiro 10 de xaneiro os viaxeiros que recibisen algunha das vacinas aprobadas pola Organización Mundial da Saúde poidan entrar nos diferentes estados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade