Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE acorda con Pfizer 20 millóns de vacinas adicionais de xaneiro a marzo

A UE acorda con Pfizer 20 millóns de vacinas adicionais de xaneiro a marzo

Chegarán cinco millóns en xaneiro, cinco millóns en febreiro e dez millóns en marzo

Súmanse as 195 millóns de doses xa programadas

Pfizer estima que a pandemia estará ata 2024

G24.gal 19/12/2021 18:56

A Comisión Europea acordou con Biontech-Pfizer acelerar a entrega da súa vacina aos Estados membros con 20 millóns de doses adicionais durante o primeiro trimestre de 2022: cinco millóns en xaneiro, cinco millóns en febreiro e dez millóns en marzo.

As doses súmanse ás 195 que xa estaban previstas, o que eleva o número total de envíos no primeiro trimestre a 215 millóns, despois de que o xoves tamén se acordara con Moderna a entrega de doses adicionais no primeiro trimestre de 2022.

A Comisión e os Estados membros activan tamén unha primeira opción para pedir máis de 200 millóns de doses, no terceiro contrato con Pfizer, que cubrirá as vacinas adaptadas á variante ómicron, no caso de que estean dispoñibles.

O laboratorio Pfizer estimou que ata 2024 a pandemia da covid non rematará e que factores como a distribución das vacinas no mundo ou a aparición de variantes novas serán definitorias para o desenvolvemento da enfermidade.

Ademais, a farmacéutica constatou que nos estudos da vacina que están a facer en nenos de entre 2 e 4 anos esta non ten a mesma resposta inmunitaria ca nos cativos maiores. 

Informou tamén dos bos resultados do ensaio clínico da píldora antiviral Paxlovid, que, segundo anunciou, reduciu as hospitalizacións e as mortes en individuos de risco alto case nun 90 %.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos