Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UDEF sitúa a Zapatero coma o "líder non visible" da organización

A UDEF sitúa a Zapatero coma o "líder non visible" da organización

A UDEF busca as probas definitivas nos teléfonos, axenda e caixa forte da secretaria do expresidente

Unha das acusacións populares pídelle ao xuíz que impute tamén á muller e ás dúas fillas do expresidente 

O xuíz levanta o segredo do sumario a unha semana de que teña que comparecer nos tribunais

Segundo a UDEF, Zapatero estaba na cúspide da organización
G24.gal 25/05/2026 14:24

Novo escenario para Zapatero. A unha semana da súa comparecencia, o xuiz levanta o segredo do sumario e entregarallo ás partes. Quedarán así ao descuberto os 19 meses de investigación. A policía fíxose co telefono, a axenda e a caixa forte da secretaria do expresidente. Analizan dato a dato.

Buscan as probas definitivas. A tese da UDEF é que os pagos recibidos por Zapatero e a súa familia eran de Plus Ultra polos servizos prestados. Pero queren o dato que o vincule directamente.  O primeiro contacto que lle consta foi en abril de 2020 . Unha chamada entre Zapatero ao presidente de Plus Ultra que durou 11 minutos.  

A partir de aí, un ano de xestións que rematou con éxito e cunha celebración a base de ostras e champaña.  Para conseguilo, a policía teno claro. Zapatero foi determinante. Sitúano na cúspide, o  líder non visible e o supervisor estratéxico do proceso. 

Susténtanse nas conversas interceptadas no borrado de media ducia de teléfonos do amigo do expresidente e directivos de Plus Ultra. Algúns deles aparecen en varias fotografías. Formarían unha rede que puido pagar case 2 millóns de euros ao expresidente e á súa familia en cinco anos. 

Desde unha desas contas, cancelaron nun solo pago unha hipoteca de cincocentos mil euros.  A acusación popular de Hazte Oír pediulle ao xuíz que impute tamén a súa muller e as fillas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade