Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UCO indentifica o delator do caso Koldo

A UCO indentifica o delator do caso Koldo

Tratariase de Rogelio Pujalte, o dono do Depósito Xudicial de Murcia e con numerosos antecedentes penais

Baleares devolverá á Unión Europea os 3,7 millóns de euros das máscaras do caso Koldo

Oscar Puente ábrese a novos cesamentos no seu ministerio se os datos confirman a "perda de confianza"

O ministro Puente, moi defraudado con José Luis Ábalos
G24.gal 08/03/2024 14:00

O caso Koldo vai achegando novos datos case cada minuto.  Esta mañá soubemos que a Audiencia Nacional envioulle á Fiscalía Europea o informe de Facenda no que analiza a actividade empresarial dun dos principais investigados, o "comisionista", Víctor de Aldama. Ese informe relaciona a orixe da trama co rescate de Air Europa. 

O Goberno das Baleares (PP), devolverá á Unión Europea, os 3,7 millóns de euros cos que o anterior Executivo, presidido pola socialista, Francina Armengol, mercou a partida de 1,5 millóns de máscaras a empresa investigada no caso Koldo.  Polo tanto, da por perdida esta axuda de fondos europeos e asumirá este gasto realizado na pasada lexislatura. 

Na vertente xudicial, a UCO ten moitas dúbidas coa declaración do número 3 de Transportes, Jesús Gómez. A Garda Civil constata contradicións no seu relato. A versión de Gómez é que soubo da empresa adxudicataria do contrato das máscaras cando o informou Portos del Estado. Pero o que fora secretario xeral deste organismo asegura que foi xusto á inversa. Nesta mesma declaración admite que lle pasou documentos a Koldo en 2023. Gómez é un dos tres altos cargos de Transportes sobre os que pesa a sombra da dúbida sobre o seu papel na etapa de Ábalos. O actual ministro, Óscar Puente, está disposto a asinar "novos cesamentos" se os datos avalan a perda de confianza. Pero polo momento, di, "hai que seguir investigando" para chegar á verdade. 

Puente non agocha o seu malestar co exministro Ábalos. Di que está "moi defraudado" por que "non está á altura do partido ao que pertence e do moito que lle debe". O ministro confirma que non ten problema en comparecer no Parlamento para contar todo o que sabe, como lle esixe o Partido Popular pero está sorprendido coa actitude dos de Feijóo. A modo de anécdota desvela que na sesión de control no Congreso do vindeiro mércores, "non teño ningunha pregunta do PP sobre este asunto". 

A Garda Civil cre que Koldo recibía pagos regulares en metálico desde a República Dominicana. 
Efectivo que gardaban na casa tanto el coma o resto de membros da rede. E do que alardeaban nos chats con fotos de feixes de billetes incluídas. A UCO xa identificou o delator do caso. A persoa que investigou a Koldo que estaba a ser investigado. Sería Rogelio Pujalte, o dono do Depósito Xudicial de Murcia, unha persoa con numerosos antecedentes penais. Advertiu a Koldo nunha conversa que estaba sendo investigado e de que non utilizara a aplicación Telegram para comunicarse por que podería ser intervida. Pujalte recibiu polo menos 100.000 euros da trama e pagoulle máis de 17.000 euros en concepto de préstamo. Está imputado por branqueo, organización criminal e revelación de segredos. Este aviso foi o que precipitou as detencións do pasado 20 de febreiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade