Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sorte non estivo ao carón do Racing (2-0)

A sorte non estivo ao carón do Racing (2-0)

Unha mala primeira metade do Racing condenou o encontro

Buscaron o gol ata o final, pero non romperon a porta de Caro

G24.gal 11/02/2024 22:52 Última actualización 11/02/2024 23:08

O Racing visitaba ao Burgos no axexo dos postos de ascenso directo. Porén, non  se deu imposto no encontro. A primeira metade condenou os de Parralo, que viron como os locais conseguiron unha vantaxe de dous goles. Un Dani Ojeda imperial conseguiu ser unha preocupación constante

Xa desde o comezo, avisou o Burgos cun man a man de Sancris que desbaratou Cantero, magnífico. Losada, o máis activo en ataque dos ferroláns, probou sorte co disparo de lonxe, que detivo sen complicacións Caro. Pouco despois chegou o primeiro golpe. No minuto 14, Sancris puxo o balón desde a dereita e Dani Ojeda superou o cérbero visitante. Non estaba cómodo o Racing e non se atopaba no partido. Borja González aumentou a vantaxe no minuto 38 despois de que Dani Ojeda lle dera un magnífico pase. O gol fíxolle dano ao Racing, inda que tivo a oportunidade de recortar distancias tras unha boa acción de Brais, que cedeu a Héber. O lanzamento do extremo marchou alto.

Na segunda metade foi superior o equipo de Parralo. Tivo o balón e chegadas para romper a porta de Caro, pero non a sorte necesaria. Álex López cun disparo de lonxe deu o primeiro aviso. A máis clara estivo nos pés de Losada. Pinchi recibiu na frontal da área, filtrou para o de Catoira pero Caro achicou e negoulle o gol. Tampouco souberon aproveitar os erros defensivos do equipo local, Álvaro non estivo vivo para rematar o centro de Héber que non despexou a defensa. Os últimos intentos foron disparos de lonxe de Losada e Álex López que marcharon preto dos paus. 

O Racing queda cuarto con 42 puntos, a tan só tres dos postos de ascenso directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos