Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección española feminina, eliminada da Eurocopa

A selección española feminina, eliminada da Eurocopa

España perdeu na prórroga ante Inglaterra por 2 goles a 1

G24.gal 21/07/2022 12:54

O fútbol non foi xusto coa selección española no momento clave da Eurocopa. Xogou mellor que Inglaterra pero acabou caendo na prórroga ante as anfitrioas do torneo.

A galega Tere Abelleira foi titular e fixo un gran partido, pero nos momentos crucias, España careceu de fortuna. España adiantouse no marcador co gol de Esther González; na parte final do encontro, as inglesas lograron forzar a prórroga cun gol de Toone no minuto 84.

Nese tempo suplementario, as locais lograron o gol da vitoria por medio de Stanway. Con ese gol, remataba o soño de España na Eurocopa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos