Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección española de fútbol sala gaña o terceiro europeo consecutivo

A selección española de fútbol sala gaña o terceiro europeo consecutivo

Silvia Aguete foi a porteira titular e Ale de Paz marcou o terceiro gol

Vitoria clara por 5-1 ante Ucraína

G24.gal 19/03/2023 21:54

A selección española de fútbol sala gañou o campionato de Europa, o terceiro de xeito consecutivo. Impúxose na final por 5-1 a Ucraína con moita claridade. Un título con claro protagonismo galego. Catro xogadoras da nosa terra foron fundamentais no éxito: Silvia Aguete, Ale de Paz, Antía Pérez e Lucía Gómez. Silvia foi a porteira titular e Ale marcou un dos goles da final. 

Outra das xogadoras importantes foi a capitá do Burela Peque, que marcou o primeiro gol do partido cando só se levaba un minuto de encontro. Aumentou a vantaxe Irene Samper (tamén do Burela) e Ale puxo o 3-0 ao descanso. 

Repetiu Irene Samper ao pouco de comezar a segunda parte e, para completar o pleno galego, a brasileira nacionalizada Dany, que tamén xoga no equipo da Mariña, marcou o definitivo 5-1. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade