Publicador de contidos

Publicador de contidos

A presión hospitalaria pola covid-19 mantense estable en Galicia

A presión hospitalaria pola covid-19 mantense estable en Galicia

O Sergas notificou catro falecementos por mor da covid-19 nas últimas 24 horas

Volven pasar de 15.500 os casos activos e seguen aumentando os contaxios diarios

G24.gal 27/04/2022 10:16

Descende lixeiramente a presión hospitalaria en Galicia, ao baixar de 700 as hospitalizacións por coronavirus. Hai menos persoas ingresadas en planta (-2) e menos tamén nas UCI (-3). En total, hai 676 e 21 ingresos, respectivamente.

Pola súa parte, os contaxios diarios volven subir e notifícanse 1.727, que se reparten nas distintas áreas sanitarias da seguinte maneira:

En canto aos casos activos, estes volven subir, e chegan a 15.743 (+945) as persoas con coronavirus en Galicia.

Sergas notificou cinco decesos por mor da covid-19 nas últimas 24 horas, que alzan a cifra a 3.324 falecementos desde o inicio da pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade