Publicador de contidos

Publicador de contidos

Esta semana remata a vacinación de reforzo dos maiores de 30 anos

Esta semana remata a vacinación de reforzo dos maiores de 30 anos

A participación anda polo 85 % na franxa de idade de 30 a 39 anos

A partir do mércores próximo comeza a administrarse a terceira dose aos maiores de 18 anos

G24.gal 23/01/2022 14:18

Continúa a inmunización coa dose de reforzo da franxa de idade de 30 a 39 anos. O sábado no centro de vacinación do Gaiás, en Compostela, acudiu arredor dun 85 por cento dos convocados. A partir do mércores é a quenda dos maiores de 18 anos, que recibirán xa a terceira dose.

Unha xornada máis as persoas de 30 a 39 anos están a pasar polos centros galegos de vacinación para recibir a dose de reforzo. Este domingo na Cidade da Cultura, en Compostela, hai uns 4.000 convocados, coma Verónica, que nos di que lle administraron as dúas primeiras doses estando embarazada e que xa estaba desexando recibir a dose de reforzo.

A asistencia nesta franxa de idade non é tan alta coma noutros grupos, pero dependendo das xornadas supera o 80 por cento.

"Estamos tendo unha asistencia dun 85 %, parte do 15 % restante atribuímolo a que moitos están con corentenas ou pasando a covid–19", asegura Ismael Busto Castaño, membro do equipo de coordinación da vacinación no Gaiás.

A partir do mércores comeza a administración da terceira dose aos maiores de 18 anos, pero os do grupo de 30 que non puideran acudir ata agora tamén serán vacinados aquí, polo menos, ata o 30 de xaneiro.

Xa coa terceira dose posta, moitos, coma Esteban, marchan coa esperanza de ter máis preto a recuperación da súa vida de antes da pandemia.

"Con tres doses xa ves o ano doutra maneira, xa vas facendo plans e pensas en facer cousas que non farías hai dous anos", asegura un dos vacinados.  

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar