Publicador de contidos

Publicador de contidos

A política de vivenda enfronta o Goberno e Podemos

A política de vivenda enfronta o Goberno e Podemos

A formación morada reprocha que o ministerio se entregue os grandes propietarios en vez de protexer os cidadáns; o PP tamén acusa o Executivo de frivolizar coa vivenda

O Goberno anuncia a licitación para a construción neste trimestre de 2.800 a través de Casa 47, a entidade estatal de vivenda

G24.gal 30/01/2026 13:41

A política de vivenda enfronta o Goberno e Podemos. A formación morada reprocha que o ministerio se entregue aos grandes propietarios en vez de protexer os cidadáns. O PP tamén acusa o Executivo de frivolizar coa vivenda.

O Goberno anuncia a licitación para a construción neste trimestre de 2.800 a través de Casa 47, a entidade estatal de vivenda.

Pero a resposta dende Podemos é contundente: "A política de vivenda", asegura Ione Belarra, "será a tumba deste Goberno".

Porque entre os inquilinos e as inquilinas e entre bancos e grandes propietarios, o Goberno, di, a formación morada, aposta polos segundos.

O PP tamén cuestiona a política de vivenda do executivo. Sergio Sayas asegura que o Goberno frivoliza coa vivenda e que  Casa 47 "é un chiringuito para colocar socialistas".

A ministra de Vivenda, Isabel Rodríguez, apelou á necesidade de consenso para facer fronte ás necesidades dos cidadáns. E lamentou que o Congreso derrogara a suspensión dos desafiuzamentos de familias vulnerables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade