Publicador de contidos

Publicador de contidos

A perda dunha vaca supón danos de entre 2.500 e 4.500 euros para unha explotación

A perda dunha vaca supón danos de entre 2.500 e 4.500 euros para unha explotación

O investimento inicial roza os dous mil euros e os beneficios tardan en chegar

Explotación gandeira de Merza
Marta González Salve 18/11/2021 13:55

O acontecido coa vaca Lola pon de manifesto o dano económico que implica para unha explotación gandeira perder un animal.

O investimento inicial roza os 2.500 euros e os beneficios tardan en chegar. Hai que sumar os gastos de alimentación, veterinario, fecundación e a perda de beneficios polas crías que poida dar durante anos.

Investimentos aos que se suman os custos de produción, que no caso dunha explotación leiteira aseguran non acaban de compensar.

Factores económicos que, sumados á dedicación os 365 días ao ano que esixe o coidado dos animais, pon en perigo a remuda xeracional e aboca moitas explotacións ao peche.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar