Publicador de contidos

Publicador de contidos

A OMS insta a tomar medidas para reducir o consumo de tabaco a un 5 % en 2040

A OMS insta a tomar medidas para reducir o consumo de tabaco a un 5 % en 2040

A Organización Mundial da Saúde pon o foco nas estratexias das industrias para captar novos fumadores entre os menores de idade

G24.gal 31/05/2022 14:00

"Na maioría das series destinadas á xuventude vemos que se asocia fumar como algo axeitado para a nosa idade, como que se non o probas non estás dentro do ambiente", explican dúas estudantes de segundo de bacharelato. Elas cren que as industrias tentan captar os mozos amosándolles como fuman os seus personaxes favoritos. Tamén que introducen sistemas para fumar que semellan máis lúdicos e menos perigosos. 

"A Sisha é bastante común nesta idade e é moi normal ver a calquera persoa fumando"

"O fume de sabores, a nicotina quentada... ao final do que se trata é de crear unha adicción e de ter un cliente perpetuo", engade o catedrático de Saúde Pública da USC, Alberto Ruano.

Estas son precisamente as manobras das industrias do tabaco que denuncia a OMS e que provocan que, por exemplo en Galicia, un 17 % dos menores de dezaseis se inicien no hábito de fumar.

Entre as propostas para reducir a prevalencia están o empaquetado neutro e sen logos, impostos máis altos, incremento das zonas libres de tabaco. 

Pero os preventivistas insisten en que un hábito que reduce once anos a esperanza de vida e é responsanble de doce tipos de cancro debería ter máis campañas gobernamentais en contra.

"Eu vexo anuncios da DXT na televisión que son moi importantes, pero é que sinistralidade viaria produce entre 1.000 e 1.500 mortes ao ano, e o tabaco produce 50.000".

Os riscos para a saúde que, por certo, diminúen ostensiblemente en canto abandonamos o hábito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos