Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez pide aos traballadores con dificultades para acudir aos seus postos que queden na casa

Sánchez pide aos traballadores con dificultades para acudir aos seus postos que queden na casa

Oito comunidades, entre elas Galicia, declaran o nivel 3 de emerxencia para que o Goberno asuma a xestión da crise

Os colexios permanecerán abertos este martes pero non haberá actividade lectiva

Estamos á espera da comparecencia do Presidente Pedro Sánchez
G24.gal 28/04/2025 13:28 Última actualización 28/04/2025 23:09

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pídelle aos traballadores non esenciais e a aqueles que teñan dificultade para desprazarse, que queden na casa.

Oito comunidades acolléronse ao nivel 3 de emerxencia para que o Goberno se encargue da xestión da crise. 

Nestas comunidades, estarán abertos este martes os centros educativos pero sen actividade lectiva.

Por agora se descoñecen as causas do apagamento xeral que dende a mañá deste luns afecta a península Ibérica. Pero fai un chamamento a manter a calma, informarse por canles rigorosas e non difundir loiadas ou noticias falsas.

O presidente compareceu despois de reunirse durante unhas tres horas co Consello de Seguridade Nacional, para analizar a situación provocada polo apagamento que afectou ao país.

O presidente Sánchez fixo un repaso pola situación actual que vive o país, que xenera incomodidade, un certo caos no transporte e moitas incertezas, pero fixo un chamamento á calma xa que se está traballando na recuperación de moitos servizos.

Traballamos para que este martes a luz volva a todo o territorio", afirmou.

 

Afirman que se trata dunha situación asimética, onde hai comunidades que recuperaron ata o 97% do suministro e hai outras que están por debaixo do 15%. E por iso están adoptando sobre todo medidas para os sitios onde tarda un pouco máis.

A UME está preparando xeradores eléctricos e material de apoio loxístico.

O presidente aconsella reducir os desprazamentos ao mínimo, usar o teléfono só en caso estritamente preciso e por pouco tempo e chamar o 112 só en caso de emerxencia.

Desde o Executivo aseguran estar a traballar para saber a orixe do apagamento xeral que tivo lugar este luns ao mediodía en España e Portugal e garante que poñerá todos os recursos dispoñibles para liquidar a situación "canto antes".

Este martes aprobarán no Consello de Ministros un acordo preventivo para liberar tres días de reservas estratéxicas de produtos petrolíferos, pero non desabastecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade