Publicador de contidos

Publicador de contidos

A metamorfose de Radu: das dúbidas a heroe do celtismo

A metamorfose de Radu: das dúbidas a heroe do celtismo

Viña de Italia, de descender co Venezia

Na pretemporada acumulou erros e sementou dúbidas

As súas actuacións na Liga convertérono nun dos favoritos da afección 

G24.gal 27/12/2025 14:52 Última actualización 27/12/2025 16:42

Quen lle ía dicir a afección do Celta, aló polo mes de xullo, cando Radu chegou procedente do descendido Venezia. Quen lle ía dicir, semanas despois, cando todo eran dúbidas por unha pretempoarada chea de erros… que dous meses despois, en outubro, aquel mesmo porteiro pasaría a ser xogador destacado e que despediría o ano como heroe do celtismo.

19 goles encaixados en 17 partidos teñen a culpa. O Celta freou a hemorraxia dos últimos anos e, na súa metamorfose, pasou a ser o quinto equipo menos goleado de Primeira.

O porteiro asegura que é feliz en Vigo, que se sinte "na casa" e os seus números están no camiño de compararse con Pinto, con Cavallero, míticos nomes daquel Eurocelta de hai máis de 20 anos. Os últimos porteiros que estiveron catro partidos consecutivos sen encaixar. A día de hoxe, Radu leva tres.

Mais a espectacular traxectoria do gardameta comeza a traer tamén os primeiros medos a Balaídos, os medos de que veña unha oferta e Radu marche. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade